11 de abr. de 2024

PREMIOS LITERARIOS MINERVA

 

Esta tarde foron entregados en Santiago os Premio Literarios Minerva nun acto literario  organizado no Colexio M. Peleteiro. Os premiados leron parte da súa obra que será recollida, proximamente, nun libro, editado polo Colexio M. Peleteiro.  



Na modalidade de narración, o xurado outorgou a alumna do IES de Quiroga,  Celia López de 4º de ESO, o 1º accésit polo seu traballo "Escoitando".









PARABÉNS CELIA!!!!




7 de abr. de 2024

OBRADOIRO DE RAP

 

O 4 de abril, dentro do programa Radio na Biblio, Pedro Iglesias impartiu un obradoiro de escritura de rap ao alumnado de 4º de ESO, que se iniciou nas técnicas e recursos para escribir cunha métrica e rima axeitada a este estilo musical. Ao final da sesión fixeron unha posta en común das estrofas escritas por eles para ser rapeadas sobre unha base musical.


















OBRADOIRO DE RADIO

 Os días 3 e 4 de abril, dentro do programa Radio Na Biblio, Pedro Iglesias impartiu un obradoiro de gravación e mestura para radio e podcast ao alumnado de 1º de ESO. 

O alumnado tomou contacto con técnicas para mellorar a lectura, dicción e finalmente gravaron e editaron un pequeno podcast utilizando o coñecido software Audacity.














25 de mar. de 2024

Limpeza da beira do “Río Quiroga”

E, mentres un grupo plantaba árbores, outro levaba a cabo tarefas de limpeza na beira do río, conmemorando así o día Internacional dos bosques e o día Mundial da Auga. Con estas actividades, o alumnado comprendeu a importancia da natureza na nosa vida e sensibilizouse sobre a necesidade de coidar  e a protexer o medio ambiente.
O alumnado traballou arreo enchendo bolsas de basura para depositalas no sitio correcto. Atoparon todo tipo de productos de plástico, papel, tela e lata. Graciñas ó concello por cedernos bolsas e luvas.


























Árbores autóctonas para os nosos montes!



O alumnado de 1º e 2º da ESO subiu ata “A Conchada” para levar a cabo unha plantación de árbores autóctonas, sendo neste caso carballos e castiñeiros. Foi unha actividade levada a cabo en base ó plan proxecta de Pasaporte Solidario no que estamos inmersos e en colaboración co Concello de Quiroga.





22 de mar. de 2024

Reunión Club de Lectura adultos

 As participantes do club de lectura reuníronse para falar sobre o libro A trenza. Esta obra relata a vida de tres. Mulleres en tres puntos diferentes so planeta e con vidas completamente diferentes: a India, Sicilia e Canadá. Cada unha delas loita por facerse un oco nun mundo no que ser muller non é tarea fácil e onde ao final do libro as tres historias entrelázanse como unha trenza.



Reunión Club de lectura- O caso do falso accidente